Texto traducido á fala de Cadafresnas, O Bierzo, do orixinal en cast, haz click
Entre as montañas que podemos apreciar desde os pobos como Cadafresnas ou Oencia, asoma unha, tanto polo seu tamaño como polo seu carácter rochoso. Trátase da Pena do Seo que chega aos 1550 metros e que a mediados do século pasado sirviu para a extración de volframio. A súa productividá fixo que aos pes da Pena se construíse un poboado para todos os que ailí traballaban.
«A Piela», que así é como se chama ao poboado, foi recentemente incluída na lista roja da asociación Hispania Nostra. O obxectivo desta lista é a conservación do patrimonio que se encontra en risco de desaparecer. Aínda que sempre o carbón foi considerado como o ouro negro da nosa comarca, poderíamonos referir ao volframio do mesmo xeito. Tamén coñecido como wolframio, wólfram ou tungsteno, destaca por ser tremendamente denso ia duro, sendo o seu punto de fusión o máis alto de tódolos elementos químicos. As ligas, aleaciones, entre aceiro ia volframio son as máis resistentes, ia por iso o mineral cobrou unha grandísima importancia na Europa do s.XX.
A guerra civil española deixara unha clara situación de pobreza, en especial nas zonas rurais, como é O Bierzo. A parte disto, España contaba cunha débeda de guerra con Alemania pola axuda prestada ao bando nacionalista, á que houbo de facer fronte na II Guerra Mundial.
Nun primeiro momento, o principal produtor de volframio fora China, pola contra, tralo ataque alemán sobre a URSS no vrao do 41 (Operación Barbarroja) ficaba pechada a principal ruta comercial que unía Asia e Europa. Desta maneira a fachada atlántica peninsular convertíase no punto de mira das potencias do Eje. No caso do Bierzo, a mina máis explotada foi a Pena do Seo e a súa operativa empezou no 41 prolongándose até o 58 ao ser a Guerra de Corea, cuxas armas tamén contaron con volframio berciano. Así que, por fin, no 41 no Bierzo vivíase unha febre do volframio. A mala situación da poboación e o descubrimento dun material altamente cotizado levaron a aqueles que vivían nos pobos cercanos á Pena, a armarse de pico e ir en busca do material.
Ata os anos 50 a explotación da mina fíxose de maneira ilegal, é dicir, co estraperlo. Baixaban a Vilafranca de noite (as posibilidades de ser asaltado reducíanse), unha vez ailí facilmente vendían o material ou, noutras ocasiois, os compradores ían directamente a Cadafresnas o que reducía o prezo de venda. O feito de que un recurso se atope ao alcance de todos ia teña unha gran demanda fixo que durante eses 9 anos se vivise unha auténtica batalla ia que aqueles que ían na busca de volframio se enfrontasen entre si. Chegou incluso a existir un grupo de Oencia, «A cuadrilla do gas», que a punta de pistola robaban o volframio a aqueles que xa o tivesen sacado. Todo isto levou a que a Guardia civil tamén visitase a Pena co fin de requisar o material ia posteriormente vendelo. O material podíase pagar con diñeiro ou con dinamita e chegou a acadar as 100 pesetas por quilo, o que é unha barbaridá en comparación coas pagas da época, que aproximadamente serían a metade. Aínda hoxe,, podémonos encontrar con algús dos homes ia mulleres que viviron esta época e inda que algús eviten recordar ia contar as súas vivenzas, outros farano encantados, mentres lembran como creron que ese negocio duraría indefinidamente, pero a sorte ou arela, como a historia, é cíclica.
O fin da II Guerra Mundial supuxo un parón ao se reducir a demanda, non obstante, no ano 50 o estalido da Guerra de Corea ia de novo a demanda de volframio, levaron á «Compañía Minera Montañas del Sur» á apertura da mina de forma legal.
O poboado comezou a construirse no 52 ia foi habitable no 53, albergou a aqueles traballadores de aldeas máis afastadas, mentres que os de Cadafresnas ia Sobrao subían tódolos días andando. Había casas familiares ia outras para solteiros. As condiciois do poboado superaban ás do resto de pobos. Contaban con luz eléctrica, amais, había un ambulatorio, un mestre…
Dentro da mina houbo varios labores, como barreneiro, vagoneiro, peón… As mulleres foron as que traballaron nos lavadeiros do mineral, separando o cuarzo do volframio, que sempre aparecen unidos. Podíase traballar desde os 13 anos e algunhas xornadas alcanzaban as 12 horas. As condiciois de traballo foron pésimas, contaban unicamente con esponxas para protexer nariz e boca, pero como contan os que eilí traballaron eran poucos os que as usaban. Isto provocou que moitos dos traballadores sufrisen nun futuro silicose. A sílice é común nos solos rochosos ia respirar o seu pó causa problemas respiratorios. A grande maioría dos traballadores padecérona. A demanda de mineral comezou a decaer, cerrando as súas portas no 58, con todo, o seu vixiante, Jovino García Caurel e a súa muller Milagros viviron ailí ate o 74.
A día de hoxe pódese acceder ao interior da mina a través dalgunha das súas bocas, onde se poden ver cartuchos de dinamita, escadas… En cuanto ao poboado, só conserva as estruturas das casas, xa que sufriu do vandalismo como tamén dos aspectos naturais.
orixinal de @carlafernndezmallo



